viernes, 4 de abril de 2014

EXCURSIÓN ACUARIO DE CORUÑA

   O venres 28 de marzo os nenos estaban moi nerviosos porque ían de excursión ao Acuarium Finisterrae. Fomos en bus que compartimos cos nenos de Taraza cantando todo o camiño.

   Xa no acuario, estivemos coa monitora Carla que nos ensinou e nos explicou moitas cousas: primeiro vimos un banco de peces;  despois tocamos a unha estrela de mar chamada Patricio, ó que lle gustaban moito os mexillóns; fixemos un xogo de búsqueda; vimos medusas; unha vértebra, omóplato e costela de balea e, por suposto, ao tiburón GASTÓN, un tiburón touro con cara de poucos amigos que se atopa na sala Nautilus xunto con outros peces. Poidemos disfrutar de como uns buzos lles daban de comer.

   Non poidemos ver ás focas porque o acceso estaba roto, xa que unha ola entrara no mes anterior e o deteriorara. Unha pena.

PASÁMOLO PEZ!!!  






O FESTIVAL DO ENTROIDO

   XA CHEGOU O ENTROIDO e en Meirás realizamos o festival. Participamos as 5 escolas cunha temática asiática (proxecto anual): Carreira disfrazouse de oso panda, Lago de hindúes, Meirás de chineses, Vilaboa de dragóns e Vilarrube de tigres.


PASÁMOLO XENIAL!








GAÑAMOS O CONCURSO DE DEBUXO ENTROIDO VALDOVIÑO 2014

   Os nenos están moi contentos porque gañaron o concurso de debuxo que o concello de Valdoviño fai tódolos anos para promocionar esta festa na localidade.

   Na realización do debuxo participou os nenos de 4 e 5 anos: felicidades SABELA, LUCÍA e ALEX!


OS MANDADOS DO ENTROIDO

   Xa chego o ENTROIDO e o meco nos envía os seus mandados:

   -O luns cuns coloretes.
   -O martes un delantal.
   -O mércores cuns chichos ou algo na cabeza.
   -O xoves cambiamos o mandado do meco por os calcetíns por fóra e un de cada cor porque tiñamos Educación Física.

 QUE GUAPETES!!!




O INVERNO

   Nesta estación do inverno, Carreira confeccionou un mural cun boneco de neve, que está na entrada do cole; tamén elaboramos outro boneco de neve con material de refugallo, nesta ocasión foi con vasos de plástico, quedou moi simpático!!!!

   Temos que realizar unha votación para o seu nome. Hai dúas opcións:  COPITO e BLANQUITO, cal quedará?





VOZ NATURA: ANIMAIS MARIÑOS DE VALDOVIÑO

   A nosa escola  participou neste mes de xaneiro no programa Voz Natura co tema "Animais mariños de Valdoviño".

   Para elo, os nenos buscaron información dos peixes que habitan no noso contorno, da súa anatomía (cor, tamaño,...), os imprimimos, os coloreamos e realizamos un mural. Tamén aprendimos unha canción de Mamá Cabra: "Un peixe moi divertido".









XANEIRO: XA ESTAMOS NO NOSO COLE!

   En xaneiro volvimos facer mudanza, pero xa no noso cole da Carreira millorado: tellado, chan, pladur nas paredes, ventás novas, portas... Quedou PRECIOSO!!!!! Tamén se tiraron os mobles vellos e se sustituiron polos mobles mercados no curso pasado co plan de biblioteca. Ademáis, este curso contamos con dúas pizarras de corcho enviadas pola Consellería.